O Goberno di que as axudas directas á hostalería son competencia doutras administracións
Publicado o 09/02/2021 17:07
No Goberno din que mobilizaron máis de 60.000 millóns dende o inicio da pandemia para axudar a hostalería, principalmente a través dos ERTE. E que agora estudarán novas medidas para axudar á supervivencia do sector. Sobre as axudas directas, din que son competencia doutras administracións.