CRTVG

Buscar

O Goberno di que Alcoa comprométese a desbloquear o proceso de venda da factoría de San Cibrao

Publicado o 19/07/2021 21:10

Alcoa comprométese a desbloquear o proceso de venda da factoría de San Cibrao.  Así o asegurou a ministra de Industria tras a reunión na sede da multinacional en Pittsburgh, nos Estados Unidos. Reyes Maroto avanzou ademais que o presidente de Alcoa "recoñeceu que está disposto a vender directamente a terceiros", polo que a intermediación da Sepi xa non sería unha condición. No encontro, a ministra trasladoulle as propostas do Goberno para garantir a viabilidade da planta de San Cibrao.

"As propostas pasan por verificar por parte do Goberno a solvencia do futuro comprador, por facer un acompañamento ao plan industrial e de emprego para que o futuro da planta de San Cibrao estea garantido e traballar coa empresa no marco dunha mesa de traballo. Alcoa nas próximas dúas semanas vainos trasladar cal é a folla de ruta para poder chegar, por fin, á solución dun conflito que dura demasiado tempo", di Reyes Maroto, ministra de Industria.

 

 

Noticias web

19/07/2021