CRTVG

Buscar

O Goberno di que a retirada da máscara no exterior dependerá "do criterio experto"

Publicado o 01/06/2021 15:18

Este martes reúnese a Comisión de Saúde Pública e sobre a mesa estará o debate para relaxar o uso das máscara, e poder quitala cando esteamos en espazos abertos.

No Ministerio de Sanidade ven factible a fin do uso da máscara en exteriores a mediados ou finais deste mes de xuño e moi probable a principios de xullo.

É o que reclaman varias comunidades, e, de feito, levan semanas analizando esa posibilidade co Ministerio e o tema volverá debaterse mañá no Consello Interterritorial de Saúde.

O principal atranco é que hai que modificar a Lei de nova normalidade aprobada en marzo, que impón a máscara ao aire libre incluso con distancia de seguridade, e esa modificación require tempo. Dese cambio legal acaba de falar a voceira do Goberno na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros. Din que non cambiarán a norma ata que o recomenden os expertos sanitarios.

 

Noticias web

01/06/2021