CRTVG

Buscar

O Goberno di que a investidura suporía o desbloqueo do financiamento autonómico

Publicado o 29/08/2019 15:10

Todas as comunidades coinciden en que o bloqueo dos 7.000 millóns do financiamento autonómico lles supón unha asfixia financeira, pero discrepan sobre a solución. O presidente canario, o socialista Ángel Víctor Torres, trasladoulle á ministra de Facenda a súa proposta: unha lei exprés que lle permita ao Goberno liberar recursos, e sortear así o informe da Avogacía do Estado que sostén que un executivo en funcións non lles pode transferir anticipos a conta ás comunidades.

Os presidentes populares lideran as críticas contra o bloqueo, e piden a convocatoria de urxencia do Consello de Política Fiscal e Financeira. O Goberno andaluz mesmo estuda recorrer aos tribunais para resolver os seus desacordos nesta materia, tal e como vai facer Generalitat de Cataluña. Dende Galicia lembran que se reclaman cartos que o goberno xa recadou.

O Executivo central di que vai buscar unha fórmula legal para facilitar o financiamento autonómico. E sinálalles a PP e Ciudadanos a saída a este problema.

Se é así, di Moncloa, a súa primeira medida será un decreto lei que actualice as entregas a conta e garanta así o sostemento das competencias autonómicas.

Noticias web

29/08/2019