CRTVG

Buscar

O Goberno destinará 92 millóns para o Xacobeo 2021

Publicado o 12/02/2020 15:11
O Goberno destinará 92 millóns para o Xacobeo 2021

O Executivo central vai destinar 92 millóns de euros ao Xacobeo do próximo ano. Irán destinados á execución de infraestruturas, seguridade e actividades culturais.

Así o anunciou o delegado do Goberno en Galicia, que presidiu a primeira reunión da comisión de seguimento do Xacobeo. Reunirá de forma periódica as forzas de seguridade e os responsables da Administración central vinculados á celebración.

Javier Losada dixo que o Goberno é "o primeiro peregrino" por compromiso e dedicación.

Noticias web

12/02/2020