CRTVG

Buscar

O Goberno destina medio millón en axudas ás vítimas da explosión de Paramos

Publicado o 01/04/2019 18:28
O Goberno destina medio millón en axudas ás vítimas da explosión de Paramos

O Goberno central ofrecerá un subvención ao Concello pontevedrés de Tui para prestar axuda a vítimas e damnificados pola explosión dun almacén clandestino de produtos de pirotecnia en maio do ano pasado no que morreron dúas persoas, resultaron feridas outras 37 máis e 792 sufriron danos materiais, anunciou o delegado en Galicia do Executivo, Javier Losada. O Consello de Ministros aprobou unha subvención de máis de medio millón de euros ao Concello de Tui en base ás peticións dos afectados presentadas, que incluíu a posibilidade de beneficios fiscais, sinala Losada nun comunicado.

O pasado 25 de xaneiro, o Consello de Ministros aumentou as contías das cantidades nalgúns conceptos e suprimiu os límites previstos na normativa actual para que o Concello de Tui poida recibir axudas polos gastos causados, que foron certificadas na última reunión do Executivo central. Así, os familiares dos falecidos ou as vítimas que sufriron incapacidade absoluta e permanente recibirán ata 18.000 euros e as persoas afectadas por destrución ou danos de aveños poderán percibir ata 2.580 euros. As empresas industriais, mercantís e de servizos, incluídos os agrarios, marítimo pesqueiros, turísticos e doutros servizos afectadas polas explosión, poderán obter ata 9.224 euros. Para os danos en vivendas, as axudas por destrución total serán de ata 15.120 euros, as de danos estruturais de ata o 50 % da reparación dun máximo de 5.160 euros e as afectadas por elementos comúns nunha comunidade cubrirán tamén o 50 % de danos, ata un máximo de 9.224 euros.

Noticias web

01/04/2019