O Goberno destina a Galicia case 62 millóns para formación para o emprego
Publicado o 27/04/2021 19:38
Dende a Consellería de Emprego solicitan ao Ministerio de Educación maior flexibilidade para adaptar a formación para o emprego as necesidades reais do tecido produtivo galego.
Na Xunta valoran como coherente o repartimento que achega 62 millóns de euros a Galicia para a formación para o emprego, unha cantidade similar á do 2020. A conselleira de Emprego criticou, iso si, a falta de información sobre os fondos europeos de recuperación Next Generation para accións formativas.
María Xesús Lorenzana mostrouse tamén preocupada e así llelo trasladou na Conferencia Sectorial de esta tarde a ministra Celaá polos cambios no eido da Formación Profesional.