O Goberno descarta unha convocatoria extraordinaria do MIR
Publicado o 20/03/2019 15:17
A decisión do Goberno é definitiva. Non vai atender a reclamación de varias comunidades autónomas que entendían que a convocatoria extraordinaria de prazas MIR era unha solución ante a escaseza de profesionais en Atención Primaria.
As comunidades souberon desta decisión pola prensa antes de participar na reunión en que o Goberno lles trasladou ás comunidades un borrador do documento de consenso sobre a Atención Primaria. Un documento que, a xuízo do conselleiro de Sanidade, vai por detrás do que xa se está a facer en Galicia.
Non hai tampouco resposta por parte do Ministerio a outra petición galega, a das acreditacións para formar máis médicos de familia e pediatras.