CRTVG

Buscar

O Goberno descarta pagar os 200 millóns do IVE que lle corresponden a Galicia

Publicado o 21/01/2020 20:20

O Consello de Ministros aprobou este martes o acordo para pagarlles ás comunidades autónomas as entregas á conta de 2020: o anticipo dos cartos que lles corresponden para todo o ano polo sistema de financiamento autonómico. Son en total 103.000 millóns de euros, dos que a Galicia lle corresponden 7.372. O Executivo di que os empezará a pagar esta mesma semana.

María Jesús Montero, voceira do Goberno, "esta comunicación era urxente e obrigada, porque as comunidades teñen que saber cales son as cantidades que se van ir librando nos próximos meses"

Unha de cal e outra de area. O Goberno confirma tamén que non lles vai pagar ás comunidades o que lles debe do IVE de 2017, porque di que xa pasou o prazo. No caso de Galicia son 200 millóns de euros que deixará de ingresar.

María Jesús Montero, "o sistema de financiamento permíteche corrixir aos dous anos, non despois. Tocaba no ano 2019 e por parte do PP non se quixo facer, así que agora é mposible".

Desde o PP galego reclaman o pagamento da débeda do IVE, e doutros 170 millóns prometidos a Galicia en compensacións por cumprir os obxectivos de déficil.

Pedro Puy, voceiro parlamentario do PP, "o importante é recordar que se nos deben 370 millóns de euros do ano pasado".

O Goberno di que o presidente da Xunta poderá falar das demandas de Galicia na próxima reunión con Pedro Sánchez, para a que polo momento non hai data fixada.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2020