CRTVG

Buscar

O Goberno desbloqueará en dez días os 4.500 euros do financiamento autonómico

Publicado o 21/09/2019 12:40

Dende Galicia reclámanse 700 millóns de euros

O goberno central decide desbloquear antes de fin de mes os 4.500 millóns de euros das entregas a conta previstos para o financiamento autonómico. Así o adiantaron hoxe distintos xornais citando fontes da Moncloa e autonómicas. Dende Galicia reclámanse 700 millóns de euros.Nuns dez días, os gobernos autonómicos poderían dispor dos 4.500 millóns de euros pola mellora da recadacion do IRPF, do IVE e dos impostos especiais durante este ano. A Avogacía do Estado impedía liberar estes fondos para non restarlle marxe de manobra ao seguinte Executivo. Agora, coa convocatoria de novas eleccións non haberá novo goberno ata finais de ano polo que o Ministerio de Facenda considera que, este pago non condiciona a actuación do vindeiro goberno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/09/2019