CRTVG

Buscar

O Goberno desaconsella as manifestacións o 8-M

Publicado o 26/02/2021 15:20

Este 8-M será distinto ao do ano pasado. O Executivo central desaconsella as manifestacións e avoga por outro tipo de accións que cumpran coas normas sanitarias.

A vicepresidenta primeira do Goberno asegura que vai participar "en todos os formatos posibles que non poñan en risco as decisións das autoridades sanitarias". "Xa nos gustaría, pero non podemos saír ás rúas nas condicións en que quereriamos. A pandemia está antes, preservar vidas está antes", declarou Carmen Calvo nunha entrevista en Canal Sur Radio.

O Goberno pecha filas arredor do 8-M. Os departamentos de Podemos tamén instan a cumprir coas medidas. Victoria Rosell, delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, asegurou en TVE que "este ano toca facer caso a todas as recomendacións pero que ninguén nos dea leccións ás mulleres, dende a dereita, de coidar a saúde, de salvar vidas".

As organizacións convocantes xa están descartando as grandes manifestacións. É o caso de Madrid. A voceira da Comisión 8-M na comunidade asegurou en rolda de prensa que "ninguén nos vai calar, pero somos responsables e non imos convocar manifestación. Dixemos que o número non nos importa". Tampouco en Galicia haberá unha manifestación central, senón que serán locais.

Noticias web

26/02/2021