CRTVG

Buscar

O Goberno derrogará parte da LOMCE e relixión non contará para a nota media

Publicado o 12/07/2018 09:16

• Introducirase unha nova materia, obrigatoria, de valores cívicos

A ministra de Defensa, de acordo cunha reforma do Código Penal

 

 

O Goberno anuncia a derrogación urxente de varios artigos da LOMCE, a lei de educación. A relixión deixará de contar na nota media dos estudantes e introducirase unha nova materia, obrigatoria, de valores cívicos. A ministra defendeu a preeminencia da escola pública sobre a concertada.

O Goberno presenta un paquete de medidas urxentes para reformar a Lei Orgánica de Educación. A ministra Isabel Celaá enumerounas na Comisión de Educación do Congreso. Propón reducir o numero de alumnos por aula e que os profesores volvan ás 18 horas lectivas. Defendeu a escola pública como eixe vertebrador do sistema educativo.inserto Ademais a ministra anunciou que a materia de relixión deixará de contar na nota  media, e introdúcese unha nova materia obrigatoria: valores cívicos e éticos.

A este respecto, o Partido Popular recordoulle algún condicionante.

Dende Unidos Podemos pídenlle a derrogación total da LOMCE.

Os partidos nacionalistas cataláns e vascos pedíronlle que se respecten as competencias autonómicas en materia de educación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2018