CRTVG

Buscar

O Goberno denuncia a Vox polo cartel electoral contra os menores migrantes

Publicado o 21/04/2021 15:22
O Goberno denuncia a Vox polo cartel electoral contra os menores migrantes

O Goberno denuncia ante a Fiscalía o cartel electoral de Vox contra os menores migrantes. Amais, o PSOE pídelle á Xunta Electoral que ordene de inmediato a súa retirada. O anuncio compara o custo mensual dos menores estranxeiros non acompañados coa pensión que reciben os maiores.

Está situado nun punto neurálxico de Madrid, a estación de Sol, e xa motivou que a Fiscalía madrileña abrira dilixencias de oficio contra o partido de Abascal por posible delito de odio. O cartel electoral foi criticado por todas as formacións políticas.

Noticias web

21/04/2021