CRTVG

Buscar

O Goberno defende os acordos coa Generalitat

Publicado o 03/08/2021 15:06

Día de resaca política tras a reunión de onte entre o Goberno central e a Generalitat. A voceira do Goberno central reiterou hoxe que a comisión bilateral Estado-Generalitat resultou moi proveitosa. E iso que o acordo máis importante, o da ampliación do aeroporto do Prat, con 1.700 millóns de euros, xerouse fóra desa mesa. Ademais, os dous executivos fixaron un calendario de traballo para negociar a traspaso de ata medio cento de competencias para Cataluña.

O gabinete de Sánchez defende uns acordos que a propia Generalitat cualifica de insuficientes e os partidos da oposición como unha concesión ao independentismo.

Noticias web

03/08/2021