CRTVG

Buscar

España lanza unha alerta internacional polo brote de listeriose

Publicado o 21/08/2019 21:41

Os afectados en Andalucía xa son 132 persoas, aos que lle hai que sumar catro en Extremadura e tres en cada unha das seguintes comunidades: Cataluña, Aturias e Aragón. Pero hai un novo dato que achegou este mércores a Junta de Andalucía no seu balance diario do brote, é o número de casos sospeitosos: 529 persoas.

Nos hospitais andaluces continúan ingresadas 53 persoas con listeria, 23 delas mulleres embarazadas. O brote non está aínda controlado e seguen aparecendo casos, agora mesmo hai 523 baixo sospeita. O Goberno andaluz fixo un comité de crise para analizar a evolución do andazo. As autoridades sanitarias da comunidade defenden que actuaron correctamente. Sanidade pide que se aclare se se realizaron os protocolos debidos.

Miguel Cisneros, portavoz da consellería de Saúde da Junta de Andalucía: "Ese proceso fíxose. O día cinco ponse o foco sobre a carne mechada, e o día 15 lánzase a alerta".

María Luísa Carcedo, ministra de Sanidade: "Trátase de facer as inspeccións e indagacións debidas para coñecer exactamente onde se produciu o fallo, porque fallo é evidente que o houbo, porque os procedementos establecidos están pensados para que non suceda esto"

En Madrid, Aragón e Castela León apareceron novos casos sospeitosos de listeria que están en análise. En Galicia non hai constancia de que chegase ningunha partida dese produto

 


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019