CRTVG

Buscar

O Goberno debate a reforma da Lei de Axuizamento Criminal

Publicado o 24/11/2020 08:53

OConsello de Ministros debate este martes a reforma da lei de Axuizamento Criminal. Á espera de coñecer o texto íntegro desa reforma, pódense destacar as tres novidades máis coñecidas, que son as seguintes:

- Os xuices xa non se encargarán da investigación dos casos. A instrucción queda nas mans dos fiscais, e os maxistrados so garantirán os dereitos dos implicados nesta fase do proceso.

- Os partidos políticos, organizacións públicas ou sindicatos non poderán actuar como acusación particular nos procesos.

- Vanse regular as informacións que chegan aos medios de comunicación; estableceranse limitacións estritas no caso de menores e tamén se protexerá a intimidade e a honra dos implicados no proceso: acusados, peritos, testemuñas, etcétera. Serán os fiscais quen decidan que información se lles da aos medios. 

A actual Lei de Axuizamento Criminal está vixente desde 1882, e desde entón sufríu ata 77 modificacións.

Noticias web

24/11/2020