CRTVG

Buscar

Navarra decreta o confinamento da comunidade e o peche da hostalería

Publicado o 19/10/2020 19:26
Navarra decreta o confinamento da comunidade e o peche da hostalería

A presidenta do Goberno foral de Navarra, María Chivite, anunciou que a partir deste xoves a comunidade autónoma quedará baixo medidas de confinamento perimetral e non se permitirá a saída ou entrada de persoas durante 15 días, excepto nos casos excepcionais establecidos por obrigacións laborais, servizos esenciais ou de urxencia.

Anunciouno en conferencia de prensa, convocada de urxencia, na que recoñeceu que a "preocupante" situación sanitaria derivada da covid-19 obrigou a tomar esta decisión, a pesar de que xa foran aplicando nas semanas precedentes outras restricións.

"Trátase de frear toda a actividade non imprescindible", dixo para anunciar, ademais do confinamento, o peche ás 21:00 horas de bares, restaurantes e outros establecementos deportivos e culturais e mais a restrición de reunións fóra da unidade de convivencia.