CRTVG

Buscar

O Goberno de Madrid rexeita a oferta dos taxistas

Publicado o 04/02/2019 22:43

O Goberno madrileño e os taxistas non dan chegado a un acordo para solucionar o conflito que os enfronta aos VTC. Tras dúas horas de xuntanza, a Comunidade de Madrid rexeitou a última proposta do taxi, que pedía que fose o Concello o que fixase o tempo de antelación á hora de contratar un VTC.

O Goberno de Ángel Garrido impúxolles, ademais, unha liña vermella: non farán ningun tipo de regulación que provoque despedimentos. Mañá, os taxistas decidirán se seguen coa folga ou non. Aseguran, en calquera caso, que perderon unha batalla pero que seguirán coa guerra.

 

Noticias web

04/02/2019