CRTVG

Buscar

O Goberno de Macri decreta o control cambiario para frear a crise

Publicado o 01/09/2019 23:10
O Goberno de Macri decreta o control cambiario para frear a crise

O Goberno da Arxentina sorprendeu este domingo ao impoñer por decreto unha serie de restricións cambiarias co obxectivo de tentar frear a escalada do prezo do dólar e a fuga de divisas despois de tres semanas de severas turbulencias financeiras.

O decreto, que leva a firma do presidente, Mauricio Macri, apareceu publicado no sitio web do Boletín Oficial este domingo, de maneira que as medidas terán efecto desde este luns, cando se retoman as operacións financeiras no país.

Fontes oficiais consultadas por Efe sinalaron que os "límites" impostos no mercado de cambios buscan "lograr maior estabilidade cambiaria e protexer o aforrador".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/09/2019