CRTVG

Buscar

Holanda premia cunha camiseta un informático vigués que descubriu fallos no seu sistema

Publicado o 15/02/2019 20:01

Como un pasatempo calquera, este experto informático adéstrase buscando os fallos dos sistemas de gobernos e grandes empresas. Así chegou á administración holandesa, que o premiou con esta camiseta.

Empresas como Philips e Microsoft xa saben das súas habilidades e tamén o FBI. Cada vez son máis os organismos que convidan a estes hackers ou piratas informáticos éticos a que descubran as súas vulnerabilidades como medio para corrixir e fortalecer os seus sistemas informáticos. 

Esta práctica non é legal en España, a non ser que exista consentimento expreso da entidade, polo que este grupo de expertos vigueses traballa na creación dunha plataforma para unir os investigadores coas empresas.

Noticias web

15/02/2019