CRTVG

Buscar

O Goberno de Conte logra a confianza da Cámara de Deputados e espera pola votación do Senado

Publicado o 18/01/2021 21:30

O Goberno italiano do primeiro ministro italiano, Giuseppe Conte, obtivo hoxe os apoios necesarios na Cámara dos Deputados para seguir adiante e espera a votación de mañá no Senado, onde os números están máis axustados. En total, 321 deputados dos 316 necesarios para obter a maioría absoluta secundaron o Executivo de Conte, fundamentalmente do gobernamentais Movemento 5 Estrelas (M5S), Partido Demócrata e Libres e Iguais, e do Grupo Mixto.

Conte acudirá mañá ás 9:30 hora locai ao Senado para pedir de novo o apoio parlamentario e podería dar por válido conseguir entre 155 e 158 votos que lle darían unha maioría simple, xa que así o permite a Constitución, fronte aos 161 necesarios para a maioría absoluta. 

Crise política en plena pandemia

Italia administrou máis dun millón de vacinas, pero as cifras de falecidos por coronavirus seguen sendo altas, cunha media de 500 por día. Por iso o Goberno decidiu continuar co programa establecido en decembro, cando dividiu o país en varias franxas dependendo da incidencia de contaxios.

Nestes momentos, doce de vinte rexións están na laranxa, a segunda máis grave, o que significa o peche da hostalaría e a prohibición de desprazarse a outras cidades. Outras tres rexións están na chamada zona vermella, a peor de todas. Alí non se pode saír á rúa e todos os establecementos non esenciais tamén cesaron a súa actividade. A Lombardía, motor económico de Italia, está entre estas tres.

Noticias web

18/01/2021