CRTVG

Buscar

O Goberno de Colombia insiste na retirada dos bloqueos para iniciar o diálogo

Publicado o 28/05/2021 08:30
O Goberno de Colombia insiste na retirada dos bloqueos para iniciar o diálogo

O Goberno colombiano insiste en que se levanetn os bloqueos de estradas para iniciar as negociacións co Comité Nacional de Paro, un diálogo que parece non avanzar despois dun mes de protestas que deixan alomenos 43 mortos e 129 despaarecidos.

As mobilizacións sociais conseguiron que o Goberno de Iván Duque retirase a reforma tributaria primeiro, e onte mesmo que o Congreso rexeitase a reforma do sistema de saúde.

Os convocantes das protestas acusan o presidente colombiano de seguir unha estratexia dilatoria despois de negarse a asinar o acordo a que ambas partes chegaron o luns pasado.

Noticias web

28/05/2021