CRTVG

Buscar

O Goberno de Asturias non descarta pedir a declaración do estado de alarma se as medidas non teñen efecto

Publicado o 15/10/2020 21:46

Asturias volve á fase 2. Así o decidiu o Goberno do Principado tras rexistrar un aumento exponencial de casos. Ten unha incidencia acumulada nos últimos 14 días de máis de 180 casos por cada 100.000 habitantes.

Nos próximos 15 días queren reducir a incidencia do virus ata situala por baixo dos cen casos por cada 100.000 habitantes. As restricións afectan sobre todo a hostalería e as reunións sociais, que se limitan a seis persoas.

Ademais das restricións, as autoridades do Principado pídenlle á cidadanía que se autoconfine. Queren que se evite toda actividade social e os desprazamentos.

Se con estas restricións que estarán vixentes durante 15 días non se reducen os casos, o Goberno asturiano non descarta pedir o estado de alarma.

Noticias web

15/10/2020