CRTVG

Buscar

O Goberno de Aragón pídelles aos zaragozanos que non saian da cidade

Publicado o 16/07/2020 17:51

O Goberno de Aragón apelou á responsabilidade dos zaragozanos para pedirlles que desde hoxe non saian da cidade nin da súa zona de influencia ante o importante incremento de contaxios da covid-19 e incorporou á cidade de Barbastro en Huesca á denominada fase 2 flexibilizada. Así o pediu en conferencia de prensa convocada de urxencia a conselleira de Sanidade, Sira Repollés, quen avanzou que nas entradas e saídas á comarca central de Aragón, onde se sitúa a capital, van establecer "reforzos informativos" para explicar aos cidadáns da necesidade de que non saian da comarca, e que tampouco entre ninguén.

Non se trata dun confinamento, senón dun chamamento á responsabilidade da cidadanía ante o importante incremento de casos detectado na capital desde onte, dixo a conselleira, quen avanzou ademais que a cidade de Barbastro (Huesca) se incorpora tamén á fase 2 flexibilizada da desescalada.

Noticias web

16/07/2020