CRTVG

Buscar

O Goberno de Alberto Fernández anuncia que intentará renegociar a débeda co FMI

Publicado o 12/12/2019 08:30

Non ben tomou posesión, o novo ministro de Economía arxentino explicou que o Goberno de Alberto Fernández iniciará un proceso de consultas para renegociar a débeda. É a terceira suspensión de pagamentos neste século do país, situación que recoñeceu Marín Guzmán: dixo que é imposible cumprir os actuais acordos co FMI e que tamén están negociando co organismo financeiro internacional.

Noticias web

12/12/2019