O Goberno da Generalitat anuncia que cubrirá as finanzas impostas polo Tribunal de Contas pola promoción do procés
Publicado o 21/07/2021 20:48

O Goberno catalán cubrirá as fianzas impostas a exaltos cargos da Generalitat polo procés A decisión do executivo autonómico foi anunciada hoxe, no mesmo día en que vence o prazo dado polo Tribunal de Contas para depositar as fianzas e despois das negativas de todos os bancos a avalar esta operación. O pagamento vaise realizar a través do Institut Català de Finances, que xestiona o fondo de 10 millóns creado polo Goberno catalán para este fin. Algúns dos encausados mostraron as súas dúbidas de que o Tribunal de Contas acepte este aval.