CRTVG

Buscar

O Goberno cumprirá a sentenza do Supremo que lle dá a razón a Galicia na reclamación do IVE

Publicado o 10/05/2021 20:29

O Tribunal Supremo dálle a razón á Xunta na demanda pola reclamación do IVE de 2017. O Estado terá que pagarlle a Galicia máis de 200 millóns de euros. O Goberno central asegura que cumprirá coa sentenza. A ministra de Facenda di que o farán cando o determine a Avogacía do Estado.

"Este goberno vai cumprir coa sentenza e vaino facer no momento en que a Avogacía do Estado considere como se ten que facer e cando o considera oportuno. E tamén por suposto teremos que facelo valorando coas comunidades autónomas esta situación".