O Goberno cubano cita a un interrogatorio o avogado asentado en Ourense Arián González
Publicado o 28/07/2021 15:21

O Goberno cubano cita a un interrogatorio a Arián González. O avogado hispano-cubano asentado en Ourense foi arrestado o pasado 12 de xullo nunha manifestación pacífica na Habana.
Arián está citado hoxe polo Ministerio do Interior de Cuba para declarar. O avogado e xadrecista permanece en arresto domiciliario dende o pasado 22 de xullo, día no que saíu do cárcere de La Pendiente.
O seu contorno di que non coñece o motivo deste interrogatorio e lembran que Arián González segue privado de liberdade e pendente de xuízo por desacato.