CRTVG

Buscar

O Goberno crea un índice de prezos do alugueiro para evitar abusos de mercado

Publicado o 30/06/2020 20:39

O Goberno acaba de presentar o índice de prezos do alugueiro, un sistema para evitar abusos nos contratos de arrendamento. Esta ferramenta funcionará como un mapa de España onde se poderá ir consultando a evolución dos prezos no mercado do alugueiro.

Os usuarios poderán consultar en cada momento cales son os custos de referencia en cada zona. Este índice de prezos irase actualizando cada ano con información proporcionada pola Axencia Tributaria.

O ministro de Transportes e Axenda Urbana, José Luis Ábalos di que " é unha ferramenta sinxela, detallada, contrastada e fiable para as administracións públicas e o mercado inmobiliario ao tempo que os cidadáns poderán coñecer tamén a evolución dos prezos do alugueiro".

 

Noticias web

30/06/2020