CRTVG

Buscar

O Goberno cre que non hai outro camiño para solucionar o problema catalán que o diálogo

Publicado o 25/02/2020 15:02

Nova polémica na véspera de que comece a mesa de diálogo do Goberno cos independentistas.

Ademais de Quim Torra, presidente da Generalitat pero inhabilitado polo Supremo como deputado, fronte a Pedro Sánchez, Pablo Iglesias ou Carmen Calvo sentará, entre outros Josep María Jové, ex secretario de Economía da Generalitat e imputado polo proceso independentista, do que está considerado un dos seus maiores impulsores. A xuntanza celebrarase na tarde do mércores na Moncloa.

Desde o Goberno insisten en que o camiño non vai ser fácil, pero cre que é a única vía para solucionar un conflicto enquistado.

Podemos e o PSOE celebran a actitude do Goberno. A oposición pola contra considera inaceptable que Pedro Sánchez branquee delincuentes condenados por seguir na Moncloa.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2020