O Goberno convoca a Ence e a Xunta a unha reunón para abordar o futuro da factoría

EUROPA PRESS
O Goberno central convocou a compañía Ence e a Xunta a manter unha reunión o próximo 10 de setembro para abordar o futuro da factoría en Pontevedra, despois da sentenza da Audiencia Nacional que a mediados de xullo anulou a prórroga concedida en 2016 á fabrica para que mantivese a súa fábrica no seu emprazamento actual.
A convocatoria foi difundida este venres pola Delegación do Goberno en Galicia, cuxo titular, José Miñones, resaltou que este encontro responde o "compromiso" adquirido co persoal de Ence en Pontevedra. Así, Miñones convidou a compañía e a Xunta a presentar no devandito encontro "os informes que comprometeron e que aínda non deron a coñecer".
Ademais, segundo recolle un comunicado, incide en que é "fundamental" que as partes "avancen nos seus compromisos para garantir o emprego e a actividade industrial, que son prioritarias para o Goberno en toda Galicia".
Por último, Miñones remarca o "respecto" do Executivo central ás decisións da xustiza que, como lembra, rexeita a ampliación do prazo de concesión para que a fábrica se manteña en Lourizán concedida no ano 2016.