CRTVG

Buscar

O Goberno contacta coa Casa Branca para explicar a retirada da Méndez Núñez

Publicado o 15/05/2019 21:32

O Goberno contactou coa Casa Branca para explicar a súa decisión de retirar a fragata Méndez Núñez, con base en Ferrol, do grupo naval estadounidense no golfo Pérsico.

Funcionarios do Ministerio de Exteriores e da embaixada española nos Estados Unidos mantiveron nas últimas horas conversas coa administración Trump, contactos que tamén se desenvolveron na embaixada estadounidense en Madrid. A retirada da fragata non motivou ningunha queixa formal de Washington.

O Partido Popular pídelle ao Goberno que non faga electoralismo coa política exterior.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019