CRTVG

Buscar

O Goberno confirma que as vacinas e as PCR estarán exentas de IVE antes de final de ano

Publicado o 09/12/2020 16:31

A ministra de Facenda, María Jesús Montero, dixo este mércores que antes de que acabe o ano o Goberno regulará a exención de IVE para as vacinas contra a covid-19 e para as PCR, e engadiu que estas probas diagnósticas tampouco soportarán IVE se a súa adquisición é para consumo privado.

Na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros, Montero lembrou que a vacina non vai estar na canle de distribución comercial, porque será gratuíta para todos os cidadáns.

"(As vacinas) só están á disposición dos Estados membros e dos servizos públicos de saúde, para que se dea prioridade á vacinación dos colectivos vulnerables e o acceso non dependa do nivel de renda do cidadán", afirmou.

Respecto á exención de IVE/IVE para outro tipo de probas diagnósticas, dixo que a norma afectará "basicamente, as PCR", aínda que se incorporarán todas aquelas que a Comisión Europea contemple na súa directiva, que previsiblemnte coñecerase nos próximos días. 

 

Noticias web

09/12/2020