CRTVG

Buscar

O Goberno confirma que está en estudo subir os impostos do tabaco

Publicado o 28/02/2020 16:03

O Goberno é partidario de subir o prezo do tabaco. Onte Unidas Podemos dicía que se incrementaría no IVE. Facenda negouno. Hoxe a  ministra do ramo non descartou subir os impostos do tabaco. María Jesús Montero aclara que, de momento, non está pechada a decisión.  

"Hai unha proposta enriba da mesa dentro de todo un paquete de medidas en que se propón a fiscalidade como un instrumento para disuadir do consumo de tabaco. Non está concretada agora mesmo. É unha proposta só de que se explore esa fiscalidade. Nós estamos máis concentrados estes días na fiscalidade medioambiental", asegurou María Jesús Montero, ministra de Facenda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2020