CRTVG

Buscar

O Goberno confirma que a fin do confinamento será "progresiva e ordenada" a partir do 26 de abril

Publicado o 08/04/2020 12:55

A voceira do Goberno e ministra de Facenda, María Jesús Montero, confirmou que se poderá  iniciar unha "relaxación" do confinamento de forma "progresiva e ordenada" a partir do día 26. Volverá, dixo, "a ocupación de rúas e prazas", pero de forma gradual e "con diferentes escenarios que non anticipamos porque queremos que os técnicos decidan".

Nunha entrevista en Antena 3, Montero explicou que a partir de entón o Goberno dará "instrucións claras para que todo o mundo saiba que pode e que non pode facer". Os técnicos do Ministerio de Sanidade requerirán os datos sobre a pandemia que se vaian xerando nas vindeiras dúas semanas para poder "debuxar" os escenarios da "desescalada".

Nese sentido, a ministra referiuse ás 60.000 probas que se van realizar nos vindeiros días para obter máis datos da expansión da enfermidade nas distintas comunidades autónomas, e poder deseñar estratexias de cara á fin do confinamento.