O Goberno confía en que se tomen medidas para reter os bens do pazo de Meirás
A Avogacía do Estado estuda accións para evitar que o contido do pazo de Meirás acabe en mans da familia Franco. Os letrados explican que a sentenza da Audiencia da Coruña coñecida onte non resolve sobre a propiedade dos bens, senón que o que fai é rexeitar unha medida cautelar que deixaba eses bens en depósito en mans do Estado.
Fontes da Vicepresidencia Primeira advirten de que a propia sentenza abre a posibilidade a que o Estado reclame noutro preito a titularidade dos mobles e outros accesorios.
"Cando unha cuestión está 'sub iudice', nesta posición de defensa do Estado de dereito e separación de poderes, non debemos dicir nada. Valorarao a Avogacía do Estado, valorarao o Ministerio da Presidencia e, se o consideran oportuno, farano", dixo o ministro de Cultura, José Manuel Uribes.