CRTVG

Buscar

O Goberno comunícalle a Europa a súa proposta de establecer un sistema de pago nas autovías

Publicado o 29/04/2021 15:03

O debate sobre as peaxes nas autovías segue candente. O ministro de Transportes mantén que os fondos públicos que se destinan para o mantemento da rede viaria non son suficientes. Incrementouse o gasto pola liberalización de cinco autoestradas o pasado ano e hai que buscar un novo modelo de financiamento.

Hai que financiar o mantemento da rede viaria, iso é obvio, asegura Xosé Luís Ábalos. Di que España non ten, polo de agora, unha proposta concreta, pero advirte de que, se as autovías non as pagan quen as usan, terán que facelo todos os cidadáns.

Tampouco os transportistas son partidarios desta nova proposta. Aseguran que xa se tributa polo mantemento da rede viaria.

"Non entendemos como recaudando a través do imposto de hidrocarburos entre 12 e 14 mil millóns anuais para a caixa común de Facenda, na que se contempla uns importes para a conservación das estradas. Unha racadación que supera ata tres veces o que se necesita para a conservación da rede viaria", asegura Antonio Señaris, presidente de FETRAM Galicia.

Sen unha proposta concreta sobre a mesa, o Goberno xa lle comunicou á Comisión Europea a súa intención de establecer un sistema de pago polo uso das vías de alta capacidade.