CRTVG

Buscar

O Goberno chama "frívolo" a Salvini por pedir que o Open Arms vaia a España

Publicado o 13/08/2019 20:06

A cada día que pasa, complícase máis a situación a bordo do Open Arms. A ONG española obtivo hoxe autorización para evacuar un bebé enfermo. Pero Italia segue prohibindo o desembarco do resto dos 150 inmigrantes amoreados no buque. O seu ministro do Interior, Mateo Salvini, cre que é España quen debe acollelos, petición que José Luis Ábalos tachou hoxe de frivolidade.

Mateo Salvini bota balóns fóra. O ministro do Interior italiano dille a Open Arms que ten vetado o desembarco en portos italianos e suxírelle que poña proa rumbo a España. O goberno responde.

José Luis Ábalos, ministro de Fomento en funcións, di que "o dereito internacional esixe que un salvamento se practique no primeiro porto próximo e seguro, e sen dúbida, agora lle corresponde a Italia. O que non pode ser é que o señor Salvni responda con esa frivolidade de propoñer que os leven a Formentera ou Ibiza"

O eecutivo di que a ONG non lle pediu permiso para usar un porto español. Tamén asegura que o capitán do Open Arms non ten potestade legal para pedir asilo no noso país para os 31 menores que están 0a bordo. O buque leva 12 días esperando que algún estado europeo acolla aos 151 inmigrantes que rescatou fronte ás costas libias. De momento, só o logrou para unha ducia de enfermos coas súas familias, o último un bebé de 9 meses con problemas respiratorios. Desde Bruxelas, a Comisión Europea di que non pode facer nada porque ningún pais membro atendeu o seu chamamento a facerse cargo dalgún dos 500 inmigrantes que permanecen no Open Arms e no francés Ocean Viking.

Noticias web

13/08/2019