CRTVG

Buscar

O Goberno central prepara unha suba do 2% no imposto do seguro do coche

Publicado o 11/11/2020 15:37

Os presupostos xerais do Estado contemplan medidas que afectan de pleno os condutores. Ademais da posible suba de impostos ao gasóleo, o executivo central incrementa a prima de seguros do automóbil. Falan dunha suba do 2%.

Mentres uns o toman con resignación, a gran maioría considera que a suba desta taxa é inxusta. Máis cando a prima dos seguros do coche xa supón un gasto importante.

As aseguradoras temen consecuencias negativas desta suba do 2% no imposto do seguro do coche.

O executivo central apunta a que se trata dunha taxa que non variou nos últimos vinte anos e que é das máis baixas de Europa.

De ser aprobados os presupostos xerais, as arcas públicas ingresarían un 25% máis por este tributo, o que suporía un aumento de 52 millóns de euros.

Noticias web

11/11/2020