CRTVG

Buscar

O Goberno central destina 85 millóns de euros para a loita contra os incendios

Publicado o 12/07/2018 15:03

O Goberno central vai destinar 85 millóns de euros para a loita contra os incendios. O despregamento inclúe máis de mil persoas e 73 aeronaves con capacidade para intervir en calquera punto de España.

O ministro de Agricultura, Luis Planas, visitou o Centro de Coordinación e Información Nacional de Incendios. A campaña comeza cos mellores datos dos últimos dez anos. Nos primeiros seis meses do 18 arderon 9.000 hectareas, lonxe das 53.000 do ano pasado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2018