CRTVG

Buscar

O Goberno deixa a Galicia fóra dos centros co CAR-T contra o cancro

Publicado o 01/05/2019 19:50

O Goberno central deixa a Galicia fóra dos centros coas terapias máis avanzadas contra o cancro, os tratamentos CAR-T. O norte español sae castigado, Cataluña é a gran beneficiada polo ministerio de Sanidade. O Sergas xa lle transmitiu as súas queixas ao executivo central.

De nada serviu a experiencia dos hospitais galegos en transplantes de medula ósea ou os prestixiosos servizos de hematoloxía galegos. Ata 3 candidaturas presentaron os hospitais de Galicia. Ningún deles foi designado polo ministerio de Sanidade.
Dos 3 centros escollidos para menores 2 son cataláns.

Dos de adultos: 3 están en Cataluña; 2 en Valencia, 1 en Salamanca, 1 en Madrid e 1 en Andalucía. Haberá tamén un de reforzo en Canarias.

En qué se traduce? Pois a decisión do Ministerio abocará aos pacientes galegos a desprazarse a outras comunidades autónomas. A nova terapia, a CAR-T é a máis avanzada contra o cancro.

O Sergas non renuncia e volverá a insistir na necesidade e oportunidade de que os medicamentos CAR-T se administren nos centros galegos en base a súa experiencia e capacidade clínica investigadoras.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/05/2019