CRTVG

Buscar

Na fase 3, o Goberno cede a "gobernación plena" ás comunidades autónomas

Publicado o 31/05/2020 21:06

Pedro Sánchez solicitará "unha última e definitiva" prorrogación do estado de alarma, de 15 días, isto é, ata o 21 de xuño. Un estado de alarma "moi distinto, moito máis livián -asegurou-, que concederá unha "gobernación plena" ás CC. AA. durante a fase 3".

En mans do Goberno quedará, iso si, a regulación da mobilidade.

Sánchez aseguraba que o executivo priorizará os sectores do turismo e a automoción nos plans de reconstrución económica.

Na súa comparecencia, defendía a xestión do ministro Salvador Illa e do director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón.

A preguntas dos xornalistas, Pedro Sánchez tamén amosaba o seu apoio ao Ministro de Interior tras a polémica coa Garda Civil.
Anunciaba, ademais, que reunirá a mesa de diálogo con Cataluña, previsiblemente en xullo. O presidente do Goberno apelaba á conciliación, á convivencia e a deixar atrás os enfrontamentos.

Noticias web

31/05/2020