CRTVG

Buscar

O Goberno catalán vai expedientar o arcebispo de Barcelona pola misa das vítimas da Covid-19

Publicado o 27/07/2020 11:20
O Goberno catalán vai expedientar o arcebispo de Barcelona pola misa das vítimas da Covid-19

O presidente da Generalitat, Quim Torra, anunciou que ordenou ao departamento de Saúde que abra un expediente sancionador ao arcebispado de Barcelona pola misa funeral celebrada este domingo na Sagrada Familia en recordo das vítimas da pandemia por coronavirus.

Este desencontro coa Igrexa católica produciuse despois de que o cardeal arcebispo de Barcelona, Juan José Omella, oficiara este domingo unha misa de defuntos en recordo de todas as persoas falecidas durante o confinamiento pola Covid-19 e outras enfermidades na Sagrada Familia, desoíndo unha prohibición do Plan Territorial de Protección Civil de Cataluña (Procicat).

Torra tamén reprochou a Omella que non alce nin unha soa vez a súa voz para condenar "a represión" que durante os últimos anos se sufriu, ao seu xuízo, en Cataluña.