CRTVG

Buscar

O Goberno catalán en plano reafirma o seu compromiso co referendo

Publicado o 21/04/2017 13:55

Todos os membros do Executivo catalán asinaron un manifesto en que se fan responsables desta tarefa

O Goberno catalán escenifica nun acto solemne no Palau da Generalitat o seu compromiso a organizar, convocar e celebrar o referendo de independencia. Todos os membros do Executivo catalán asinaron un manifesto en que se fan responsables desta tarefa.

O manifesto titulado 'Compromiso do Goberno de Cataluña co referendo' establece que todos e cada un dos membros do Executivo catalán fanse responsables e comprométense a levar adiante a consulta e a aplicar os resultados que saian das urnas.

Todos, mesmo os altos cargos da Generalitat, asinaron este documento, co que pretenden despexar dúbidas sobre o seu compromiso co proceso soberanista.

"O Goberno de Cataluña reafírmase solemnemente, fronte ás ameazas e intentos de limitación da capacidade de autogoberno, na súa determinación para preparar, convocar e celebrar o referendo, querido pola inmensa maioría de cataláns e catalás", afirmou Puigdemont.

"Xurarnos conxuntamente os uns aos outros que faremos todo aquilo que corresponda para que os cidadáns de Cataluña poidan participar, celebrar e gañar este referendo", engadiu Junqueras.

O manifesto considera o referendo como un dereito inalienable e basea a súa lexitimidade na vontade maioritaria, segundo salienta, da cidadanía de Cataluña.

E dende o Goberno respóndenlle que ese referendo é ilegal e que calquera solución ten que pasar polo respecto á Constitución.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017