O Goberno cambia o decreto de axudas directas pola pandemia para incluír máis sectores
Publicado o 20/04/2021 14:51
O Consello de Ministros aprobou modificar o decreto de 11.000 millóns para pemes e autónomos afectados pola pandemia. Dan máis flexibilidade ás comunidades autónomas para que amplíen as empresas ás que chegan ás axudas.
Beneficiaranse, por exemplo, sectores como o calzado ou o viño, que ata agora non estaban incluídos. Tamén se abre a posibilidade de dar axudas a empresas con perdas en 2019 por circunstancias extraordinarias, ata agora excluídas das mesmas.