O Goberno británico decreta o confinamento doutros 20 millóns de persoas
O Reino Unido alcanzou este xoves o récord de contagios diarios de coronavirus desde o inicio da pandemia, ao rexistrar outros 55.892 novos positivos nas últimas 24 horas. Segundo os novos datos divulgados hoxe polo Ministerio británico de Sanidade, tamén se detectaron outros 964 decesos por covid-19, unha cifra menor que os 981 comunicados onte -e que foi a máis alta de falecementos diarios como consecuencia do virus desde o pasado 24 de abril-.
O conxunto do país acumula un total de 73.512 mortos desde que se iniciou a crise e con estes novos positivos, tras someterse a unha proba de laboratorio, hai xa 2.488.780 de casos de coronavirus no Reino Unido. Estes datos coinciden coa entrada en vigor de novas medidas de restrición para conter a pandemia en máis áreas de Inglaterra, onde un 75 % do país está agora suxeito ao máximo nivel de risco polo recente repunta do virus e a nova variante máis contaxiosa.