CRTVG

Buscar

O Goberno británico confirma os pasos a seguir polos europeos para quedar tras o 'brexit'

Publicado o 21/06/2018 21:24

Os 200.000 españois que viven no Reino Unido xa coñecen que trámites deben seguir os cidadáns comunitarios para poder quedar no país tras o 'brexit'. Son catro pasos que poderán cumprimentar na web oficial do Goberno británico ou nunha aplicación móbil: confirmar a identidade, o enderezo no Reino Unido, que non teñen antecentes penais graves e pagar 63 libras. Así conseguirán o chamado estatus de "asentado", que permitirá disfrutar dos mesmos dereitos que os cidadáns británicos en canto a sanidade, educación, beneficios e pensións. 

Noticias web

21/06/2018