CRTVG

Buscar

O Goberno baixa ao 10 % o IVE da luz ata o 31 de decembro

Publicado o 24/06/2021 15:43

O Goberno aprobou este xoves nun Consello de Ministros extraordinario a baixada do IVE da luz do 21 ao 10 %, que estará vixente ata o 31 de decembro ou ata que a luz baixe dos 45 euros e afectará os consumidores vulnerables. Todos os que teñan contratados ata 10KW tamén se verán beneficiados por esta medida, o 84 % dos fogares.

Segundo manifestou María Jesús Montero, o obxectivo é o de "intentar aliviar a situación das familias e do tecido produtivo".

Coa aprobación deste real decreto, os fogares españoles aforrarán 857 millóns de euros. 

Noticias web

24/06/2021