CRTVG

Buscar

O Goberno axudará a industria electrointensiva para evitar o peche de Alcoa

Publicado o 08/11/2018 22:00

En Madrid esta tarde celebrouse unha xuntanza ao máis alto nivel para analizar a situación de Alcoa. As ministras de Industria e de Transición Ecolóxica reuníronse cos presidentes de Galicia e de Asturias, e cos alcaldes da Coruña e de Avilés.

Unidade de acción entre as administracións central, autonómicas e locais para buscarlle solución ao conflito de Alcoa. Como primeira medida acordaron pedirlle á empresa que paralice o ERE de despedimento colectivo. En segundo lugar, crear unha mesa de negociación entre todas as partes para buscar solucións conxuntas.

O Goberno central comprométese ademais a aboar as contías previstas nos presupostos xerais deste ano para as empresas como Alcoa, a activar antes de finais de decembro a poxa de ininterrompiblidade, e a traballar para buscar un marco estable para o prezo da enerxía. Algo que os presidentes de Galicia e de Asturias consideran fundamental para garantir o futuro de Alcoa.

O Ministerio de Industria actuará como interlocutor coa empresa. Queren que a mesa negociadora se poña en marcha de maneira inmediata.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018