CRTVG

Buscar

O Goberno avanza que as afiliacións recuperarán este mes os niveis previos á pandemia

Publicado o 19/07/2021 14:02

O Goberno prevé que este mes de xullo se recuperen os niveis de emprego previos á pandemia, con 150.000 cotizantes máis.

Avanzou o dato o ministro da Seguridade Social tomando como referencia os primeiros quince días do mes. Neste período, 90.000 traballadores saíron dos ERTE. Quedan 360.000, principalmente nas illas Canarias e nas Baleares.

O Goberno cre que seguirá a tendencia positiva no mercado laboral a pesar das novas restricións que pode haber pola quinta vagaz da covid−19.


 

Noticias web

19/07/2021